paxinas

Web

Páxinas.com ten como obxectivo recoller as Webs de Galicia ou que garden unha relación con Galicia ou os Galegos. Para isto desenvolve un sistema algorítmico que selecciona se unha web é galega ou non.

Vostede pode axudar o sistema mediante suxestión de páxinas para visitar, se coñece algunha web que cree que debe estar en Páxinas.com por favor engádea aquí.

O sistema precisa primeiro percorrer as diferentes Webs,  é preciso dun enxeño que visite as páxinas web e as almacene para que logo comece o proceso de indización e despois de clasificación. Este primeiro proceso é coñecido polo termo inglés Crawling. Paxinasbot é o nome que recibe o enxeño creado para paxinas.com

Paxinas.com dispón do seu propio enxeño que para identificarse leva o nome de Paxinasbot seguido da versión e despois a URL onde se dá máis información sobre o proceso.
Cando recibe a visita deste enxenio, está a favorecer o dar a coñecer o seu web no buscador de Páxinas.com e así permitirá a difusión do seu web.