|
Como procurar en Páxinas.com?Procurar en Páxinas.com é moi rápido e sinxelo, so tes que escoller que é o que queres atopar. A pantalla de procura principal conta con unha barra de búsqueda onde simplemente escribes o que queres atopar e clicando na lupa ou presionando intro comprobarás os resultados devoltos. Ao lado da lupa existe unha frecha, clicando nela abrirase un diálogo coas opcións avanzadas da búsqueda: procura coa frase exacta, con alo menos unha das palabras, ou procura sen as palabras. Cando non as necesites simplemente clica de novo e o dialogo pecharase. Se queres, tamén podes procurar unha frase ou palabra exacta sen necesidade de modifica-las opcións avanzadas mediante o uso de comillas. Simplemente pon o que queiras atopar entre comillas e o sistema procurará ese contido de maneira exacta. Tamén podes escoller a lingua da procura clicando nas opcións de debaixo da barra, que son en calquera lingua, só en galego, ou automático (castelán + galego). Se queres tamén podes engadir contidos na opción árbore, clicando na frecha abrirase e poderás observar diversas caixas de contidos. Podes expandilas ou encollelas, e poñelas en calquera lugar, tamén podes engadir novas caixas ou pechar outras. Cando remates clica de novo na frecha e a árbore ocultarase. |
|
|